Boiling Kettle

A better world for Henok

Os erros bravos de #Aritmética20N

A falla de transparencia dos cálculos feitos pola xente que estea detrás de #Aritmética20N dificulta moito saber onde estivo o erro nas súas contas. Pero as súas previsións con respecto ás eleccións españolas do 20 de novembro de 2011, e en concreto, con respecto aos datos galegos, son clamorosamente erradas. Vou tentar expoñer os datos correctos seguindo a súa lóxica do que é o voto útil. A súa lóxica non coincide coa miña, pero iso agora é irrelevante. Keep reading • Le o resto »

O nome dos paxaros mortos

A terminoloxía ten que ir por detrás da realidade, pero en ocasión de determinadas novas este retraso faise por forza maior. Precisamente o primeiro de ano, cando os terminólogos de garda estaban repousando as enchentes da véspera, a unha cantidade considerable de aves acordoulles derrubarse en Arkansas (EUA). As axencias de novas denominaban as aves red-winged blackbirds, e os medios españois traducíronas rapidamente por merlos ou, nalgún caso peor, por paxaros negros. Pero eses non eran os nosos “merlos”. Pasado o episodio, deberiamos saber como lle chamamos a estes paxaros norteamericanos en galego, por se acaso volven caer de novo sobre as pantallas dos nosos ordenadores. E así fixen este post con nome de best-seller. Keep reading • Le o resto »

Tres retrincos das eleccións catalás

Xa haberá agora unha chispa de análises políticas sobre as Eleccións catalás, e sobre como os seus resultados acabarán afectando a vida política de Cataluña, España e mesmo Europa nos vindeiros meses. Non son un analista político, e vouvos aforrar o traballo de subliñar a impresionante vitoria de CiU ou de reclamar as cabezas de Montilla e de Puigcercós, líderes dos derrotados PSCERC. Só me gustaría sinalar tres aspectos marxinais dos resultados: as posibilidades dunha modificación na asignación de escanos, a inxustiza desa asignación; e ao cabo a consecuencia máis magoante desta noite electoral: o resultado extraordinario dun novo partido de ultradereita. Keep reading • Le o resto »

Three Views On Catalan Elections

There would be by now plenty analysis about the Catalan elections, and how their results will affect Catalan, Spanish and even European politics in the months to come. I am not a political analyst, and I would afford you such job of underlining the impressive victory of CiU or claiming for the public beheading of Montilla and Puigcercós, leaders of defeated PSC and ERC. I only would like to comment three marginal aspects of the results: the posibilities for a change in seats’ distribution; the unfairness of that distribution; and eventually the most striking implication of this electoral night: the remarkable performance of a new far-right party.

Keep reading • Le o resto »

Zapatero, 39 grandes empresas, e algunhas frikistatísticas

Zapatero, o presidente español, está en apuros. Na véspera dos peores resultados do seu partido na historia de Cataluña, o ruxerruxe dun posible rescate económico de España medra. Nese intre, dous anos longos des que comezara a crise financeira, acordoulle reunirse cun grupo dos máis importantes directivos de empresas de España: o obxectivo de tal xuntanza nin foi público nin estivo claro, pero aparentemente tiña que ver dalgún xeito con confianza (se ben non é seguro en que dirección tiña que fluír esa confianza). Non tento predicir resultados desa xuntanza, nin tampouco das eleccións catalás, e inda menos da crise financeira. Só lle vou botar un ollo a algunhas estatísticas rarunas nesa lista de empresas e directivos.

Keep reading • Le o resto »

Zapatero, 39 Large Companies and Some Freakstats

Zapatero, the Spanish PM, is in trouble. In the eve of his party worst ever election results in Catalonia, the rumours of a possible bail-out of Spain are increasing. In that point, more than two years after the beginning of the financial crisis, he decided to meet a group of the most important Spanish CEOs: the meeting’s goal was not clear nor public, but apparently it sounds to be related with trust at some extent (although is unclear in wich direction the trust should circulate). I am not trying to foresee any outcome for that meeting, for the Catalan elections or even for the financial crisis. I will only pay attention to some odd stats in that list of companies and CEOs.

Keep reading • Le o resto »

fai como que innovas, e eu farei como que subvenciono innovación

Hai moitísimo tempo que teño este blog botado a monte, e vai sendo hora xa de rozar. Durante estes últimos meses a situación económica de España —e inclúo a Galicia— agravouse, e aínda que non se lle faga caso a agoiros como os do case sempre atinado emprendedor Marc Vidal, é evidente que unha escura sombra se está espallando sen remisión por toda España, frustrando e poñendo medo nos corpos duns cidadáns ata o de agora confiados e, ata certo punto, inxenuos. Unha das espranzas máis recorridas como saída a esta magoante situación é o estímulo das TIC. E o documento estratéxico da Xunta neste campo está a piques de publicarse.

Keep reading • Le o resto »

Act as You Innovate; I’ll Act as I Fund Innovation

I have not posted anything in this blog for ages, and now it is time for a comeback. During these last months the economic situation in Spain —including Galicia— has been worsening and, even if we pay no attention to oracles such as the almost-always-right entrepreneur Marc Vidal, it must be admitted that a dark shadow is overwhelmingly spreading across Spain, disappointing and scaring the until now confident and somehow naïf citizens. One of the hopes often quoted as a possible way out for this situation is the stimulus of ICT industries. And the Galician government’s strategy for that sector is now about to be released.
Keep reading • Le o resto »

escoiten!

O posicionamento público da Real Academia Galega sobre as bases do Decreto de plurilingüismo é un documento valiosísimo. A pesar de conter algúns erros de vulto e valoracións un tanto extravagantes, é, sen dúbida ningunha, a máis completa e máis sensata análise feita ata o de agora. É tamén un claro e contundente paso a prol do consenso, un consenso ao que teñen que chegar todas as partes: os que xa comezaron e os que de momento están atrincheirados no seu tobo, reloucando de ledicia pola brillantez das palabras da máis alta institución galega (non só galegofalante). Eu dígolles: tirios e troiáns, escoiten, escoiten a Academia.
Keep reading • Le o resto »

linguas na escola

As bases do decreto sobre o uso das linguas no sistema educativo galego publicáronse cando estaba de vacacións en Noruega, afortunada e completamente desconectado. De volta á casa atopei na miña caixa de correo electrónico unha cantidade record de mensaxes: aqueles totalmente opostos ao decreto eran máis incluso ca aqueles que me daban consello cos créditos, coa erección do meu pene ou cos meus problemas dentais, e tamén máis cós que me desexaban un feliz 2010. Porén, o decreto non é tan malo como se agardaba aínda que está lonxe de ser perfecto, e estende un tépedo horizonte de oportunidades prá lingua galega. A estratexia de oposición frontal axitada polos grupos pro-galego é moi conservadora, improdutiva e (témome) unha perda de tempo moi valioso.

Keep reading • Le o resto »