Boiling Kettle

A better world for Henok

Category: En galego

O manifesto dos 343 cabróns

Comparto todo o que se di neste manifesto, aínda que haxa matices nalgunhas palabras cos que poida discrepar. Traduzo do orixinal en francés.

Cando se fala de prostitución, nós somos crentes, practicantes ou agnósticos.
Algúns de nós foron, van, ou van ir aos e ás putas, e nin sequera se avergoñan.
Outros, sen ser clientes (por motivos que [...]

Os erros bravos de #Aritmética20N

A falla de transparencia dos cálculos feitos pola xente que estea detrás de #Aritmética20N dificulta moito saber onde estivo o erro nas súas contas. Pero as súas previsións con respecto ás eleccións españolas do 20 de novembro de 2011, e en concreto, con respecto aos datos galegos, son clamorosamente erradas. Vou tentar expoñer os datos [...]

O nome dos paxaros mortos

A terminoloxía ten que ir por detrás da realidade, pero en ocasión de determinadas novas este retraso faise por forza maior. Precisamente o primeiro de ano, cando os terminólogos de garda estaban repousando as enchentes da véspera, a unha cantidade considerable de aves acordoulles derrubarse en Arkansas (EUA). As axencias de novas denominaban as aves [...]

Tres retrincos das eleccións catalás

Xa haberá agora unha chispa de análises políticas sobre as Eleccións catalás, e sobre como os seus resultados acabarán afectando a vida política de Cataluña, España e mesmo Europa nos vindeiros meses. Non son un analista político, e vouvos aforrar o traballo de subliñar a impresionante vitoria de CiU ou de reclamar as cabezas de Montilla e [...]

Zapatero, 39 grandes empresas, e algunhas frikistatísticas

Zapatero, o presidente español, está en apuros. Na véspera dos peores resultados do seu partido na historia de Cataluña, o ruxerruxe dun posible rescate económico de España medra. Nese intre, dous anos longos des que comezara a crise financeira, acordoulle reunirse cun grupo dos máis importantes directivos de empresas de España: o obxectivo de tal [...]

fai como que innovas, e eu farei como que subvenciono innovación

Hai moitísimo tempo que teño este blog botado a monte, e vai sendo hora xa de rozar. Durante estes últimos meses a situación económica de España —e inclúo a Galicia— agravouse, e aínda que non se lle faga caso a agoiros como os do case sempre atinado emprendedor Marc Vidal, é evidente que unha escura sombra [...]

escoiten!

O posicionamento público da Real Academia Galega sobre as bases do Decreto de plurilingüismo é un documento valiosísimo. A pesar de conter algúns erros de vulto e valoracións un tanto extravagantes, é, sen dúbida ningunha, a máis completa e máis sensata análise feita ata o de agora. É tamén un claro e contundente paso a [...]

linguas na escola

As bases do decreto sobre o uso das linguas no sistema educativo galego publicáronse cando estaba de vacacións en Noruega, afortunada e completamente desconectado. De volta á casa atopei na miña caixa de correo electrónico unha cantidade record de mensaxes: aqueles totalmente opostos ao decreto eran máis incluso ca aqueles que me daban consello cos [...]

bancarrota municipal

Os concellos españois teñen grandes cantidades de débeda, pero esta non está homoxeneamente esparexida polo estado, e a bancarrota (por que non?) é unha seria ameaza pra algúns deles. Ou, mesmo peor, pra todos e todas en España. Esta é unha breve análise das cifras da débeda municipal en España e Galicia.

a vella comisión

O venres publicouse a lista de ministros europeos e certamente houbo poucas sorpresas. En realidade, o sistema para elixir os membros da comisión é non só pobremente democrático, senón tamén o mellor método de promoción da ineficacia.