Boiling Kettle

A better world for Henok

Category: Tempo de oportunidades

Zapatero, 39 grandes empresas, e algunhas frikistatísticas

Zapatero, o presidente español, está en apuros. Na véspera dos peores resultados do seu partido na historia de Cataluña, o ruxerruxe dun posible rescate económico de España medra. Nese intre, dous anos longos des que comezara a crise financeira, acordoulle reunirse cun grupo dos máis importantes directivos de empresas de España: o obxectivo de tal [...]

fai como que innovas, e eu farei como que subvenciono innovación

Hai moitísimo tempo que teño este blog botado a monte, e vai sendo hora xa de rozar. Durante estes últimos meses a situación económica de España —e inclúo a Galicia— agravouse, e aínda que non se lle faga caso a agoiros como os do case sempre atinado emprendedor Marc Vidal, é evidente que unha escura sombra [...]

bancarrota municipal

Os concellos españois teñen grandes cantidades de débeda, pero esta non está homoxeneamente esparexida polo estado, e a bancarrota (por que non?) é unha seria ameaza pra algúns deles. Ou, mesmo peor, pra todos e todas en España. Esta é unha breve análise das cifras da débeda municipal en España e Galicia.